Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Axuda »   Manual »   Substitucións 

Substitucións

Tal e como dixemos no capítulo da aliñación, se un dos xogadores máncase durante un encontro, o substituto para esa posición entra ao campo automaticamente. Tamén podes planificar con antelación as substitucións que queres que se fagan no teu equipo.

Substitucións programadas

Podes programar as substitucións dun partido, quizais para facer ese movemento táctico propio da mente dun mestre do Hattrick ou simplemente para cambiar un xogador esgotado por un novo, máis descansado. Por exemplo, podes cambiar un dianteiro por un defensa central para asegurar a túa vantaxe no partido, ou sentar un defensa e sacar un dianteiro cando vaias por debaixo do marcador. Tamén tes a opción de cambiar a orde individual dalgún xogador.

Preparando unha substitución

Para engadir unha substitución tes que ir a pestana de "Substitucións/Ordes" na páxina da aliñación do teu equipo. Elixes o xogador que queres que deixe o campo e o seu substituto. Despois tes que establecer as condicións que queiras para que se dea a substitución. Podes programar unha substitución para que ocorra despois dun certo minuto e/ou dependendo de como vaia o partido visualizando as "opcións avanzadas". É máis, nas "opcións avanzadas" tamén podes poñer como condición que un xogador (teu ou do teu rival) vexa un cartón vermello e cambiar a posición dun xogador.

Preparando un cambio no comportamento

Podes engadir un cambio de comportamento tamén na pestana de "Substitucións/Ordes". É similar a engadir unha substitución, seleccionas o xogador que queiras e despois estableces as condicións para que se dea ese cambio de comportamento.

Podes programar até cinco ordes distintas os xogadores

Poderías deixar planificadas ata cinco ordes diferentes os xogadores entre substitucións e cambios de comportamento, pero lembra que o árbitro non che vai deixar facer máis de tres substitucións nun partido.

Os cambios fanse cando as condicións establecidas ocorren

Todas as túas ordes os xogadores levaranse a cabo durante o partido tan pronto como as condicións que estableceras antes do partido sucedan. Se as condicións non se dan, os cambios que prepararas tampouco se farán. Se programas unha substitución para o minuto 65 con calquera resultado, o cambio farase no minuto 65. Se a túa orden é que o cambio se faga despois do minuto 70 se o teu equipo vai gañando, a substitución farase en calquera momento despois dese minuto en canto as outras condicións tamén se cumpran. Así que se te adiantas no marcador no minuto 80, a substitución levarase a cabo nese momento.

Ten en conta que se programas dúas ordes para o minuto 70, un se vas gañando e outro se gañas por máis dun gol, e nese momento vas por diante 3-0 faranse os dous cambios que tiveras planificados.

OLLO Ó DATO: se puxeches dúas ordes con exactamente as mesmas condicións (por exemplo, mesmo minuto e resultado), estas NON serán executadas ó mesmo tempo, senón na orde na que foron creadas.

Despois do partido poderás ver (ti, pero non o teu opoñente) unha lista con todos os cambios e toda a información de por que se realizan ou por que non, para o cal atoparás a ligazón na páxina de Aliñación e cualificación dos xogadores.

Non podes reaccionar ante as lesións

Non é posíbel establecer ningunha condición para as lesións. Se un dos teus xogadores se lesiona durante o partido, o sistema ten que afacerse automaticamente. Isto significa que unha lesión pode estragar tódolos teus plans de substitucións, igual que no fútbol real.
 
Server 071