Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Seleccións Nacionais

En Hattrick, coma na vida real, hai seleccións que compiten entre elas. Pero no xogo tes a opción de elixir ao seleccionador que as dirixa. Cada país ten un equipo nacional e un sub-21, polo que 2 persoas serán elixidas para controlalos. O mundial será diferente a partir da Tempada 77 (17 de xaneiro de 2021).

Competición de Seleccións

As seleccións compiten entre elas en tres torneos: as copas continentais, o Mundialiño e a Copa do Mundo. A competición abrangue dúas tempadas dende o seu comezo ata o seu final, comezando primeiro polas copas de Europa, América, África e Asia/Oceanía e rematando coa Copa do Mundo.

O Mundialiño é o torneo de menor nivel, ó cal acceden as seleccións que non se clasifican para a Copa do Mundo. O Mundialiño e a Copa do Mundo xóganse en paralelo.

As seleccións teñen o seu propio sistema de acumulación de cartóns e sancións. Calquera cartón amosado durante un encontro internacional—sexa absoluto, sexa U21—contará só para os encontros da competición da que forme parte. Pola outra banda, se un xogador é amonestado ou expulsado nun encontro «non internacional», ese cartón non afectará para nada e poderá sempre xogar coa selección. Os cartóns nas competicións internacionais limparanse ó remate das mesmas—ou cando a selección sexa eliminada.

Copas Continentais

Todas as seleccións compiten nas copas continentais, repartidas en grupos de 6 equipos, os cales fórmanse tomando como base o Ránking de Seleccións (bótalle un ollo aquí abaixo).

As copas continentais ten un formato de eliminatoria a dobre partido (ida e volta) e dura 10 semanas, xogándose os cuartos, as semis e a final na última semana.

Os mellores 8 equipos de cada rexión -tendo en conta a posición, os puntos, a diferenza de goles e os goles marcados- xogarán cuartos, semis e final mentres que o resto de seleccionadores poderán programar amigables os venres. O sorteo de cuartos relizarase de forma aleatoria entre os 4 mellores e os 4 seguintes. O gañador recibirá unha copa de ouro moi xeitosa, o segundo a de prata e os outros dous semifinalistas levarán a de bronce respectivamente.

Copa do Mundo

A Copa do Mundo comeza na semana 13 da primeira tempada e dura ata o final da segunda. Divídese en 5 fases preliminares, que rematan coas semifinais e a gran final.

Na primeira fase, participan 96 equipos, que se reparten en 16 grupos de 6 xogando unha liguiña a partido dobre. Os primeiros 4 de cada grupo pasan á 2ª fase.

Na 2º fase haberá 16 grupos de 4 equipos cada un, que xogarán unha liguiña a partido dobre, pasando os 2 primeiros de cada grupo á 3ª fase.

Na 3ª fase haberá 8 grupos cada un de 4 equipos, que xogarán un encontro con cada rival en campo neutral. Os dous primeiros pasarán á 4ª fase.

A fase 4ª e a 5ª terán 4 e dous grupos respectivamente, sempre de 4 equipos cada un. Cada equipo xogará un encontro con cada un dos seus rivais en campo neutral, e os dous primeiros de cada grupo se clasifican para a fase seguinte.

Tanto as semifinais como a final xogaranse en campo neutral. O gañador será o Campión do Mundo, e levará un trofeo dourado e moi ben feitiño. Para o segundo será a prata, e para os terceiros, o bronce.

Ó comezo de cada fase resetearemos parcialmente o espírito e a confianza. Por exemplo, se temos o espírito no nivel 9—e o valor por defecto é 5—co reseteo do 80% o teu espírito caerá (9 - 5) * 0,8 = 4 niveis. Ten en conta que o punto medio ó que tende tanto o espírito do equipo como a confianza non variou (segue a ser 5).

O Mundialiño

Os equipos que sexan eliminados nas copas continentais, pasarán ó Mundialiño, que xógase en simultáneo á Copa do Mundo. Este torneo xógase co formato suízo (o mesmo do Torneo de Supporter)

O Mundialiño non é un segundo prato, senón un saboroso postre para os equipos pequenos, xa que lles axudará a mellorar o seu ránking, que se usará para facer os emparellamentos da seguinte copa continental. Ó final do Mundialiño, e paralelamente ás semifinais e final do Mundial, os 8 mellores equipos xogarán un torneo de eliminatoria directa, e o gañador levará unha copa. Os mellores 4, baseándonos na posición, puntos, goles, etc , xogarán contra os últimos 4 clasificados para os cuartos de final.

No Mundialiño non haberá lesións, pero sí que haberá cartóns, igual que en calquera outro torneo. O nivel das formacións será o correspondente ao da Copa Continental (con posibilidade de reseteala experiencia delas coma antes da Copa Mundial) e irase actualizando segundo as normas xerais despois de cada encontro do Mundialiño.

O gañador levantará a copa do Mundialiño. Ou a morderá. Ou que sei eu.

Clasificación para a Copa do Mundo

Os mellores 96 equipos das copas continentais clasificaranse para a Copa do Mundo.

Cada rexión ten as súas prazas para o Mundial, que corresponderán aos mellor clasificados de cada Copa Continental. Europa ten 32 prazas, Asia/Oceanía 21, África 12 e América 20.


Continente Equipos totais Prazas da Copa do Mundo
Europa 48 32 (4 prazas / grupo)
Asia e Oceanía 42 21 (3 prazas / grupo)
África 24 12 (3 prazas / grupo)
América 30 20 (4 prazas / grupo)

Xogarase un Torneo da Galleta entre os mellores 22 equipos non clasificados para o mundial. Serán escollidos en base á súa clasificación, puntos e diferencia de goles na fase de grupos das Copas Rexionais. Finalmente, 11 equipos serán repescados.

Na repesca, o equipo co mellor ránking (baseado nos resultados en anteriores edicións da Copa do Mundo), xogará co equipo con peor ránking, o segundo mellor contra o segundo peor, e así sucesivamente. A repesca xogarase a dobre partido, en casa e fóra, con un reinicio total de espírito e confianza antes do primeiro encontro. O gañador pasará á Copa do Mundo. De haber empate, o segundo encontro terá prórroga e penaltis.

Ránking de Seleccións

Cada selección ten o seu ránking, o cal se usa para formar os grupos das copas continentais. Este ránking ten en conta os resultados das últimas 5 tempadas, pero cunha maior ponderación canto máis recente sexa o resultado.

Hai tres factores que afectan ó ranking: o resultado de cada encontro (M), a importancia do mesmo (I), e como de forte era o rival (T). A fórmula resultante para calcular o ránking é P = M x I x T


Resultado de cada encontro (M) Puntos Importancia do Encontro (I) Puntos
Vitoria 3 Semifinais/Final Copa do Mundo 4
Empate 1 CM outras roldas 2.5
Derrota 0 Finais Continentais 3
Gañador a Penaltis 2 Resto de encontros copas continentais 2
Perdedor a Penaltis 1 Mundialiño 1
Amigables 0

Para a variable T, restamos a 250 o valor do ránking do opoñente.

Logo, o ránking final é a media de puntos (P) das últimas 5 tempadas, ponderados ó 100%, 70%, 50%, 30% e 20%, sendo 100% a ponderación da tempada actual, e 20% de fai 4 tempadas. O ránking actualízase despois de cada encontro.

Sorteo das copas continentais

Para as copas continentais usaremos o ránking de seleccións para facer os bombos. A primeira posición será sempre para os cabezas de serie, indo o mellor ó grupo 1, o segundo mellor ó 2 e así. A continuación teremos 5 bombos, un por cada posto no grupo, no que estarán o resto de equipos ordenados por cadanseu ránking. Por exemplo, na Copa América teremos 5 grupos de 6 equipos. A primeira posición de cada grupo irá para os 5 mellores equipos por ránking. A segunda irá a equipos co ránking entre o 6º e o 10º. A 3ª para equipos entre o 11º e o 15º, e así sucesivamente. No noso sorteo en vivo, iremos enchendo todos os grupos.

Sorteo para a Copa do Mundo

O ránking da tempada actual determinará a puntuación no sorteo da Copa do Mundo. Hai 16 grupos no sorteo da primeira rolda, e o primeiro equipo de cada grupo será elixido de forma automática. O europeo con maior rango na Copa Continental (o 1º de EU na táboa) será o primeiro equipo do grupo 1, e o 8º de América será sempre o primeiro do grupo 16.

Así que os cabezas de serie sexan asignados, comeza o sorteo para asignar ós demais equipos. O ránking das copas continentais ten un papel fundamental, pero os equipos non son asignados directamente, senón postos en diferentes bombos. Na táboa, na columna do Equipo 2, ponse catro equipos no primeiro bombo. Isto corresponde ó 8º, o 7º, o 6º o 5º do ránking africano. Deste bombo sonche asignados como segundos dos grupos 1, 2, 3 e 4 segundo saia no sorteo. Outros catro novos equipos entran no segundo bombo e van para os grupos 5, 6, 7 e 8. Este proceso continúa ata que énchense os 16 grupos con 6 equipos cada un.

Este sistema é un tanto dirixido, para asegurar que os mellores equipos a priori non coincidan todos no mesmo grupo. Pero tamén teñen o seu compoñente aleatorio, para que os mánagers non poidan facer contas durante as copas continentais para saber cal vai ser o seu grupo na Copa do Mundo, e evitar que fagan amaños.


Grupo Equipo 1 Equipo 2 Equipo 3 Equipo 4 Equipo 5 Equipo 6
1 EU#1 AFR#8
Bolsa#1
AME#9
Bolsa#5
ASO#16
Bolsa#9
EU#17
Bolsa#13
L#11
Bolsa#17
2 EU#2 AFR#7
Bolsa#1
AME#10
Bolsa#5
ASO#15
Bolsa#9
EU#18
Bolsa#13
L#10
Bolsa#17
3 EU#3 AFR#6
Bolsa#1
AME#11
Bolsa#5
ASO#14
Bolsa#9
EU#19
Bolsa#13
L#9
Bolsa#17
4 EU#4 AFR#5
Bolsa#1
AME#12
Bolsa#5
ASO#13
Bolsa#9
EU#20
Bolsa#13
L#8
Bolsa#17
5 EU#5 AFR#4
Bolsa#2
AME#13
Bolsa#6
ASO#12
Bolsa#10
EU#21
Bolsa#14
L#7
Bolsa#18
6 EU#6 AFR#3
Bolsa#2
AME#14
Bolsa#6
ASO#11
Bolsa#10
EU#22
Bolsa#14
L#6
Bolsa#18
7 EU#7 AFR#2
Bolsa#2
AME#15
Bolsa#6
ASO#10
Bolsa#10
EU#23
Bolsa#14
L#5
Bolsa#18
8 EU#8 AFR#1
Bolsa#2
AME#16
Bolsa#6
ASO#9
Bolsa#10
EU#24
Bolsa#14
L#4
Bolsa#18
9 AME#1 ASO#8
Bolsa#3
AME#17
Bolsa#7
EU#16
Bolsa#11
EU#25
Bolsa#15
L#3
Bolsa#19
10 AME#2 ASO#7
Bolsa#3
AME#18
Bolsa#7
EU#15
Bolsa#11
EU#26
Bolsa#15
L#2
Bolsa#19
11 AME#3 ASO#6
Bolsa#3
AME#19
Bolsa#7
EU#14
Bolsa#11
EU#27
Bolsa#15
L#1
Bolsa#19
12 AME#4 ASO#5
Bolsa#3
AME#20
Bolsa#7
EU#13
Bolsa#11
EU#28
Bolsa#15
ASO#21
Bolsa#19
13 AME#5 ASO#4
Bolsa#4
AFR#9
Bolsa#8
EU#12
Bolsa#12
EU#29
Bolsa#16
ASO#20
Bolsa#20
14 AME#6 ASO#3
Bolsa#4
AFR#10
Bolsa#8
EU#11
Bolsa#12
EU#30
Bolsa#16
ASO#19
Bolsa#20
15 AME#7 ASO#2
Bolsa#4
AFR#11
Bolsa#8
EU#10
Bolsa#12
EU#31
Bolsa#16
ASO#18
Bolsa#20
16 AME#8 ASO#1
Bolsa#4
AFR#12
Bolsa#8
EU#9
Bolsa#12
EU#32
Bolsa#16
ASO#17
Bolsa#20

EU: Europa
AME: América
AFR: África
ASO: Asia / Oceanía
L: Libre

Eleccións

As eleccións celebraranse ó comezo da tempada, empezando dous días antes da final da Copa do Mundo. Cada tempada escollerase ben o seleccionador nacional ben o sub 21, sendo o seu mandato de dúas tempadas, e terminando este unha seana antes da final da Copa do Mundo. Ten en conta que para poder votar precisas de ter estado no Hattrick alomenos unha tempada.

Ponderación do voto

Nas eleccións só poderás votar unha vez. Aínda así, o teu voto poderá gañar peso na ponderación final. Este sistema de ponderación do voto recompensa a túa dedicación ó xogo, pero a razón principal e dificultar a manipulación de eleccións.

Se es un usuario local, terás o teu voto cando cumpras unha tempada no xogo, dous cando cumpras 5 tempadas, 3 cando leves 10 tempadas e chegarás a 4—o máximo—cando leves 15 tempadas no xogo.

Se tes un equipo adicional noutra liga (menos no HT International) terás un voto ó cumprir dúas tempadas, e o un segundo ó cumprir dez.

Todos os usuarios recibirán por riba dous votos adicionais pola súa actividade no xogo. Non che imos dicir que parámetros imos ter en conta—para evitar manipulacións—, pero están deseñados para que calquera equipo activo os poda conseguir fácil, pero que se tes un feixe de equipos falsos sexa moi difícil conseguilo. Por último, ten en conta que como usuario nunca verás directamente a ponderación do teu voto, pero queremos que saibas os principios do sistema.

Convocatoria da selección

Cada seleccionador escolle ata un máximo de 26 xogadores coa nacionalidade correspondente. No caso da sub 21, os xogadores teñen que ter alomenos 19 anos, e no caso da absoluta alomenos 22. Unha vez convocados, o seleccionador poderá ver todos os datos sobre o xogador, tal e como o ve o dono do equipo do xogador.

Cada selección ten os seus niveis de experiencia en cada formación, e en cada copa continental ou Copa do Mundo/Copa de Nacións, os seleccionadores terán unha semana para decidir qué 6 formacións queren en formidable, comezando as restantes en nivel pobre. As convocatorias poderanse facer dende o primeiro día e ata o reseteo da confianza e o espírito previo ó primeiro encontro, e na semana 12 no reinicio da confianza e espírito previo á semana 13.
Ten en conta que as actualicacións das seleccións fanse todos os días ás 03:00 h.

Se tes un xogador internacional

Se tes un xogador internacional, este poderá xogar sen ningún impedimento tamén co teu equipo, xa que os encontros se xogan en días diferentes. Ten en conta que os encontros coa selección non contan para adestramento, pero si poden ocasionar lesións.

Cando o teu xogador xoga un encontro coa selección, o teu club tamén se beneficiará:

– Unha reducción salarial do 33% (se o xogador está a xogar nun equipo estranxeiro) e do 40% (se está xogar no seu país).

– O teu xogador collerá moita experiencia. A cantidade varía en cada encontro, sendo os encontros que máis experiencia dan a final e as semifinais da Copa do Mundo, e logo en orde descendente, os restantes encontros da Copa do Mundo, as eliminatorias das copas continentais, os encontros das copas continentais, o Mundialiño e os amigables de seleccións.

– Se o teu xogador lesiónase durante un encontro internacional, o teu club recibirá unha compensación polo 100% do seu salario base das semanas estimadas que estará fóra do campo. Isto vai a maiores da redución por xogar cada encontro.

Xa que sonche moito máis calmos, non hai risco de lesión nos amigables internacionais.

Esperamos que ninguén tente sabotear as seleccións nacionais por medio do seu club. Os Administradores das Seleccións teñen sempre a última decisión, e poderán sacar xogadores ás venda en caso de sabotaxe.

Se estás valorando ser seleccionador, ou simplemente queres ter máis información, recomendámosche ler as Regras para as Seleccións Nacionais.

Calendario da Copa do Mundo—1ª Tempada

Sem Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 Eleccións Votar Eleccións Votar Eleccións Votar Eleccións Votar Eleccións Votar/Sorteo en directo
/Amigables
Eleccións Votar Eleccións Votar
2 Eleccións
Resultados
- - - Amigables - -
3 - - Novo EE/CE 100% cambio - C.C. 1º Encontro - -
4 C.C. 2º Encontro - - - C.C. 3º Encontro - -
5 C.C. 4º Encontro - - - C.C. 5º Encontro - -
6 - - - - C.C. 6º Encontro - -
7 - - - - C.C. 7º Encontro - -
8 - - - - C.C. 8º Encontro - -
9 - - - - C.C. 9º Encontro - -
10 - - - - C.C. 10º Encontro - -
11 - - - - C.C. Cuartos de final - Novo EE/CE 100% cambio
(Torneo da Galleta)
12 C.C. SemifinaisL 1º Encontro - - - C.C. FinalL 2º Encontro - Sorteo en directo
13 - - Novo EE/CE 100% cambio - CM F1 1º Encontro - -
14 CM F1 2º Encontro - - - CM F1 3º Encontro - -
15 - - - - CM F1 4º Encontro - -
16 - - - - CM F1 5º Encontro - -

Calendario da Copa do Mundo—2ª Tempada

Sem Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 - - - - CM F1 6º Encontro - -
2 - - - - CM F1 7º Encontro - -
3 - - - - CM F1 8º Encontro - -
4 - - - - CM F1 9º Encontro - -
5 - - - - CM F1 10º Encontro - -
6 - - Novo EE/CE 80% cambio - CM F2 1º Encontro - -
7 CM F2 2º Encontro - - - CM F2 3º Encontro - -
8 CM F2 4º Encontro - - - CM F2 5º Encontro - -
9 - - - - CM F2 6º Encontro - -
10 - - Novo EE/CE60% cambio - CM F3 1º Encontro - -
11 CM F3 2º Encontro - - - CM F3 3º Encontro - -
12 - - Novo EE/CE 40% cambio - CM F4 1º Encontro - -
13 CM F4 2º Encontro - - CM F4 3º Encontro - -
14 - - - - CM F5 1º Encontro - -
15 CM F5 2º Encontro - - - CM F5 3º Encontro - -
16 CM Semifinais - - CM Final - -

CC: Copa Continental
CM: Copa Mundial
TG: Torneo da Galleta
EE: Espírito de Equipo
CE: Confianza do Equipo
 
Server 070