Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Axuda »   Manual »   Empregados 

Empregados

O cadro de empregados ten unha importancia clave no desenvolvemento do teu club. Pode que certos empregados non se vexan metidos no allo durante os dias de partido, pero todos eles traballan moi duro durante a semana, xa sexa directamente cos xogadores ou desenvolvendo outras tarefas de vital importancia para o club. Todos eles complementan o adestrador e para ti, como manager, é crucial asegurarte de ter o persoal axeitado no equipo.

Efectos dos empregados e niveis de habilidades

Os beneficios que obteñas ao contratar un empregado aplicaranse como una bonificación estática engadida sobre unha característica xa existente do teu equipo. Esta bonificación será sempre visible para ti. Pero, como as características do equipo son dinámicas e están influenciadas por diferentes factores, o resultado final que se obtén ao contratar un novo empregado pode ser difícil de predicir con exactitude. Do que podes estar seguro é de que estás avanzando na dirección axeitada. Os empregados con niveis de habilidades máis elevados provocan maiores bonificacións. Estas bonificacións son lineais, o que significa que cada nivel de habilidade extra sempre contribúe o mesmo que o nivel de habilidade anterior. Se tes varios empregados da mesma categoría, as súas bonificacións combínanse e aplícanse só unha vez. Deste xeito, un adestrador auxiliar de nivel 4 ten o mesmo efecto que dous adestradores auxiliares de nivel 2. Para que che sexa máis doado, sempre poderás ver na páxina dos empregados as bonificación reais achegadas polos teus empregados actuais ou por calquera empregado que penses contratar. Ao final desta sección atoparás unha táboa con tódalas categorías de empregados e as súas bonificacións.

Cantidad límite de empregados

Poderás ter ata un máximo de 4 empregados. Podes contratar un máximo de dous adestradores auxiliares ó mesmo tempo. Para o resto de categorías, a Xunta Directiva só autorizará un empregado á vez.

Contratar e despedir

Cando contrates un empregado, deberás escoller a duración do seu contrato ata un máximo de 16 semanas. Canto máis longo sexa, máis barato sairache por semana. Tamén tes a opción de rescindir un contrato por anticipado se os teus plans cambian e precisas ese oco, pero deberás pagar como penalización o dobre do aforrado ata ese momento, así que pódeche saír caro o invento. Ademais, ningún empregado poderá ser despedido na primeira nin na derradeira semana do contrato. Máis aló disto, non hai limitacións a cada canto poderás facer cambios nos teus empregados.

Rescindir un contrato

Cando rescindas un contrato, terás que pagar unha indemnización do dobre do aforrado ata ese momento. Se por exemplo, fixeches un contrato de 13 semanas cun empregado nivel 3, e o queres rescindir na 8ª, terás que pagar 8 veces un salario de 4 800 US$ ou 38 400 US$ en total. Polo contrario, se tiveses feito un contrato de 8 semanas, so terías que pagar 8 veces un salario de 6 000 US$ ou 48 000 US$. O aforro sería de 9 600 US$ e a indemnización por rescisión 19 200 US$.

Custo á semana

Duración do contrato Nivel 1 Nivel 2 Nivel 3 Nivel 4 Nivel 5
1 semana 2 115 US$ 4 230 US$ 8 460 US$ 16 920 US$ 33 840 US$
2 semanas 2 055 US$ 4 110 US$ 8 220 US$ 16 440 US$ 32 880 US$
3 semanas 1 890 US$ 3 780 US$ 7 560 US$ 15 120 US$ 30 240 US$
4 semanas 1 770 US$ 3 540 US$ 7 080 US$ 14 160 US$ 28 320 US$
5 semanas 1 710 US$ 3 420 US$ 6 840 US$ 13 680 US$ 27 360 US$
6 semanas 1 650 US$ 3 300 US$ 6 600 US$ 13 200 US$ 26 400 US$
7 semanas 1 575 US$ 3 150 US$ 6 300 US$ 12 600 US$ 25 200 US$
8 semanas 1 500 US$ 3 000 US$ 6 000 US$ 12 000 US$ 24 000 US$
9 semanas 1 440 US$ 2 880 US$ 5 760 US$ 11 520 US$ 23 040 US$
10 semanas 1 380 US$ 2 760 US$ 5 520 US$ 11 040 US$ 22 080 US$
11 semanas 1 320 US$ 2 640 US$ 5 280 US$ 10 560 US$ 21 120 US$
12 semanas 1 260 US$ 2 520 US$ 5 040 US$ 10 080 US$ 20 160 US$
13 semanas 1 200 US$ 2 400 US$ 4 800 US$ 9 600 US$ 19 200 US$
14 semanas 1 140 US$ 2 280 US$ 4 560 US$ 9 120 US$ 18 240 US$
15 semanas 1 080 US$ 2 160 US$ 4 320 US$ 8 640 US$ 17 280 US$
16 semanas 1 020 US$ 2 040 US$ 4 080 US$ 8 160 US$ 16 320 US$

Categorías de empregados

Adestrador Auxiliar

A bonificación na velocidade de adestramento aportada polos adestradores auxiliares engádese á actual eficacia do teu adestramento. Asegúrate de que tes un bo adestrador antes de pensar en gastar moito diñeiro en asistentes técnicos. Pero, tendo un adestrador competente, contratar adestradores auxiliares pode ser unha boa estratexia para calquera equipo enfocado ao adestramento.

Nivel Velocidade do adestramento Risco de lesión Forma
Nivel: 0
Sen bonificación 40% Sen bonificación
Nivel: 1
+3,5% +2,5% +0,05
Nivel: 2
+7% +5% +0,1
Nivel: 3
+10,5% +7,5% +0,15
Nivel: 4
+14% +10% +0,2
Nivel: 5
+17,5% +12,5% +0,25

Efectos detallados

Esta bonificación engádese en forma de multiplicador á eficacia do adestramento definida polo nivel do teu adestrador e aos niveis de intensidade e distribución resistencia do teu adestramento. Por exemplo, para un adestrador bo, adestrando ao 100% de intensidade, cunha distribución do adestramento de resistencia do 10%, esta sería a velocidade de evolución acadada para un medio centro de 22 anos con formidable en xogadas.

Sen adestrador auxiliar: 8 semanas ata acadar o seguinte nivel.
Combinación de adestradores auxiliares ata nivel 5: 7 semanas ata acadar o seguinte nivel.
Combinación de adestradores auxiliares ata nivel 10: 6 semanas ata acadar o seguinte nivel.

Podes contratar ata un máximo de dous adestradores auxiliares á vez. Se tes varios adestradores auxiliares, as súas bonificacións combínanse e aplícanse só unha vez. Deste xeito, un adestrador auxiliar de nivel 4 ten o mesmo efecto que dous adestradores auxiliares de nivel 2.

Ademais do seu efecto sobre o adestramento, o emprego de adestradores auxiliares ten dous efectos secundarios. Incrementa a forma, pero tamén o risco de lesións.

O risco de lesións calculase como unha porcentaxe do número de lesións por partido, non por cada xogador senón por equipo. O valor base son 0,4 lesións por partido no teu equipo. Cun doutor de nivel 5 pódese reducir ata o 0,025. Os adestradores auxiliares contribúen a aumentar o risco de lesións nun 0,025 por nivel de habilidade contratado. Isto significa que un adestrador auxiliar de nivel 5 aumenta o teu risco base de lesións ata 0,525 lesións por partido (0,15 cun doutor de nivel 5), e con dous adestradores auxiliares de nivel 5 terías un risco base de 0,65 lesions por partido (0,275 cun doutor de nivel 5).

Como xa dixemos antes, a parte positiva é que os adestradores auxiliares melloran o estado de forma dos teus xogadores. Se tes os 10 niveis de habilidades de adestradores auxiliares completos, o estado de forma incrementase en 0.5 niveis. Noutras palabras, dous adestradores auxiliares de nivel 5 contribúen ao estado de forma dos teus xogadores a metade que un único preparador físico de nivel 5.

Volver a categorías

Doutor

Os doutores son responsables do estado físico xeral dos teus xogadores. Isto significa que traballan activamente tanto para previr lesións como para rehabilitar os xogadores que sufran algún tipo de doenza. O feito de ter un bo doutor no equipo reduce o risco de lesións e acelera os tempos de recuperacións dos xogadores mancados.

Nivel Velocidade de recuperación Risco de lesión
Nivel: 0
Sen bonificación 40%
Nivel: 1
+20% -7,5%
Nivel: 2
+40% -15%
Nivel: 3
+60% -22,5%
Nivel: 4
+80% -30%
Nivel: 5
+100% -37,5%

Efectos detallados

Sempre que o teu equipo disputa un encontro, existe un certo risco de lesión para os teus xogadores. O feito de ter un bo doutor no equipo reducirá o risco base de lesións para tódolos xogadores do equipo. Un doutor de nivel 5 reduce o risco base de lesións de 0.4 lesións por encontro a 0.025, pero ten en conta que outros factores, como contratar adestradores auxiliares adicionais, poden aumentar de novo este risco.

Se un xogador se lesiona, os doutores tamén axudan a acelerar a súa recuperación. En Hattrick as lesións amósanse cun tempo de recuperación estimado en semanas. O xogador recupérase un pouco cada dia, ata alcanzar o 90 % de saúde (cando xa pode xogar, aínda que mancado) e despois, por último, chega ao 100 % de saúde, cando xa non ten resto algún da lesión.

O gráfico amosa a velocidade de recuperación dun xogador coa mesma lesión, dependendo de se se contrata un doutor ou non. Sen doutor, un xogador de 19 anos recuperarase totalmente en 3 semanas. Cun doutor de nivel 2, precisará ao redor de 2 semanas. Cun doutor de nivel 5, unha semana e media aproximadamente.

Un xogador de 29 anos recuperarase en 6 semanas sen doutor. Un doutor de nivel 1 reducirá o tempo de recuperación a 5 semanas aproximadamente. Un doutor de nivel 5, aínda máis, ata unhas 3 semanas.

Volver a categorías

Psicólogo deportivo

A parte mental do xogo é case tan importante coma a física. Contratar un psicólogo deportivo pode axudar a xerar unha atmosfera gañadora dentro do equipo. Este empregado axudarache a manter a confianza do equipo no seu xogo ademais de fomentar o espírito de equipo entre os xogadores.

Nivel Espírito do Equipo Confianza
Nivel: 0
Sen bonificación Sen bonificación
Nivel: 1
+0,1 +0,2
Nivel: 2
+0,2 +0,4
Nivel: 3
+0,3 +0,6
Nivel: 4
+0,4 +0,8
Nivel: 5
+0,5 +1

Efectos detallados

O espírito do equipo está influenciado pola actitude que seleccionaras para os teus xogadores nos encontros anteriores. Inmediatamente despois de cada encontro, o espírito do equipo pode aumentar ou diminuír, dependendo das ordes do partido. Pero, durante o tempo que transcorre ata o seguinte encontro, tenden a normalizarse. Isto significa que espíritos de equipo altos tenden a baixar e viceversa. Un psicólogo deportivo pode axudar a mellorar este proceso, aumentando o punto de equilibrio cara o que o teu equipo tende de forma natural. Un punto de equilibrio mas alto significa que os espíritos de equipo altos baixarán máis lentamente e os espíritos de equipo baixos subirán máis rapidamente. A bonificación obtida é unha décima parte de nivel por cada nivel de habilidade do empregado. Isto significa que un psicólogo de nivel 5 incrementará o punto de equilibrio medio nivel de espírito de equipo.

O psicólogo deportivo tamén inflúe sobre a confianza do teu equipo. A confianza baséase principalmente nos resultados do teu equipo e no número de goles que marcaras. Pero o psicólogo deportivo tamén engade unha bonificación á confianza. Esta bonificación equivale a un nivel enteiro de confianza para un psicólogo de nivel 5, ou a quinta parte dun nivel por nivel de habilidade do empregado.

Volver a categorías

Preparador físico

O rendemento dun xogador non se reduce soamente ás súas habilidades técnicas e á súa resistencia física. Tamén está ligado ao seu estado de forma, que pode mellorar ou empeorar dependendo de moitos factores, non soamente mentais.

O preparador físico é o encargado de sacar o maior rendemento posible dos xogadores que tes á túa disposición. Mantén ao grupo en forma e motivado. Contratar un preparador físico non provoca un cambio inmediato, nin o seu efecto e permanente, pero para algúns equipos en determinadas situacións pode ser unha boa solución.

Nivel Forma
Nivel: 0
Sen bonificación
Nivel: 1
+0,2
Nivel: 2
+0,4
Nivel: 3
+0,6
Nivel: 4
+0,8
Nivel: 5
+1

Efectos detallados

A forma dun xogador é una medida do preto que se atopa de render ao seu máximo nivel. O valor que ves na páxina do xogador é o seu estado de forma actual, que ademais é o que se emprega na simulación dos partidos. Con todo, a forma actual sempre ten unha tendencia asociada, e o estado de forma cara o que se move é o que se chama "forma de fondo". Empregando un preparador físico obterás una bonificación sobre a forma de fondo cada vez que esta se actualice. Sempre que se recalcule o valor da forma de fondo (o que ocorre de media cada dúas semanas), cada nivel de habilidade do preparador físico aumentará a forma de fondo 0.2 niveis. Isto significa que un preparador físico de nivel 5 engadirá un nivel completo á forma de fondo do teu xogador cando se realice a actualización. Ten en conta que, a pesar disto, a forma de fondo sempre pode baixar, pero o teu valor medio a longo prazo será superior.

Volver a categorías

Director financeiro

O director financeiro aumenta a flexibilidade económica dos managers. Isto é útil só para os mánagers con moitos cartos na caixa.

(Se eres novo no xogo, non che fai falta para nada un director financieiro.)

Normalmente, o consello de administración establecerá un límite para o diñeiro en efectivo que o manager dispón para gastos como soldos, traspasos de xogadores ou proxectos de ampliación do estadio. O consello de administración reservará calquera activo que exceda este capital circulante, coa fin de asegurar a futura estabilidade do club. Se fose necesario, o consello de administración desbloqueará fondos das reservas para empregar como capital circulante, pero sempre dun xeito comedido. O superávit de capital de xiro converterase en reservas a razón do 2% do superávit xerado por semana.

Tendo contratado un director financeiro, o consello de administración autorizará tanto un maior capital circulante coma unha maior taxa de retorno das reservas de caixa. Á vez, isto permitiralle ao manager unha estratexia de inversión máis agresiva, que outramente o consello de administración non aprobaría. Contar cun director financeiro pode ser necesario para os equipos que teñan aforrado nas súas últimas tempadas para logo facer un gasto grande con vistas á copa ou ao título de liga.

Nivel Capital circulante Retorno/Semana
Nivel: 0
15 000 000 US$ 50 000 US$
Nivel: 1
17 000 000 US$ 100 000 US$
Nivel: 2
19 000 000 US$ 200 000 US$
Nivel: 3
21 000 000 US$ 300 000 US$
Nivel: 4
23 000 000 US$ 400 000 US$
Nivel: 5
25 000 000 US$ 500 000 US$

Por exemplo: o "Millonarios Team" acumulou 40 000 000 US$ en fondos. Sen un director financeiro, o consello de administración soamente autorizará o manager a gastar 15 000 000 US$ dunha vez. Se o manager gasta 2 000 000 US$, e polo tanto o novo saldo da caixa é de 13 000 000 US$, o consello de administración porá a disposición do mánager novos fondos para investir, pero soamente a razón de 50 000 US$ por semana.

Agora, o "Millonarios Team" contrata un director financeiro de Nivel 3. O consello de administración gaña confianza en que o diñeiro se vai xestionar de maneira responsable. O capital circulante autorizado increméntase ata os 21 000 000 US$ e a taxa semanal de retorno das reservas de caixa sobe ata os 300 000 US$. Mentres as contas correntes do club se manteñan por debaixo dos 21 000 000 US$, o consello de administración transferirá automaticamente 300 000 US$ extra por semana das reservas. Pola contra, se o efectivo subise dos 21 000 000 US$, por exemplo pola venda dun xogador, o fluxo de diñeiro sería neste caso cara a conta de reservas, a razón dun 2% do superávit existente por semana.

Volver a categorías

Auxiliar táctico

Contratar un auxiliar táctico daralle máis flexibilidade ó teu equipo, xa que contarás con máis opcións extratéxicas e na aliñación. Iste movemento é un movemento a curto prazo, xa que o auxiliar táctico afecta só ó encontro seguinte—asegúrate de contar con un cando o teu club o precise.

Nivel Substitucións/ordes extras Flexibilidade no estilo de xogo
Nivel: 0
Sen bonificación Sen bonificación
Nivel: 1
+1 +20pp
Nivel: 2
+2 +40pp
Nivel: 3
+3 +60pp
Nivel: 4
+4 +80pp
Nivel: 5
+5 +100pp

Efectos detallados

En canto do límite de cinco ordes por encontro—incluíndo substitucións, intercambios de posición e novos comportamentos—poderás obter unha orde extra por cada nivel do teu auxiliar táctico, ata un máximo de 10 ordes cun asistente nivel 5. Ten en conta que o máximo de substitucións nun partido seguirá a ser de 3, aínda que teñas auxiliar táctico.

O estilo de xogo abrangue dende o 100% defensivo (o predeterminado para os adestradores defensivos), ata o 100% ofensivo (predeterminado para os adestradores ofensivos), quedando o adestrador neutral no punto medio. Poderás modular isto na interface de ordes do encontro, onde por cada nivel extra do teu auxiliar táctico, gañarás unha flexibilidade adicional de 20pp (puntos porcentuais) con respecto do estilo do xogo do teu adestrador.

Por exemplo, se tes un adestrador defensivo e un auxiliar táctico nivel 5, agora poderás ter un rango de estilo de xogo que abrangue dende o 100% defensivo ata o neutral. Se non tes un adestrador nin ofensivo nin defensivo, cun auxiliar táctico nivel 5 o teu rango abranguerá dende o punto medio (neutral), a un 50% para cada lado—é dicir, chegará ata o 50% ofensivo e ata o 50% defensivo.

O auxiliar táctico ten que estar en nómina no momento do comezo do encontro se queres que se noten os seus efectos. En caso de que mandaras as ordes tendo auxiliar táctico e que logo o despediras ou que lle deixaras expirar o seu contrato sen renovalo, o encontro será simulado sen as ordes/substitucións extra, e empregando o estilo de xogo predeterminado do teu adestrador no momento do comezo do encontro.

 
Server 071