Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O sistema da Liga

Unha tempada en Hattrick dura 16 semanas: 14 xornadas de Liga (8 equipos en cada grupo a dobre volta), unha semana para os partidos de promoción e outra na que non hai ningún tipo de actividade.

A estrutura das divisións

O número de divisións na Liga pode ser diferente dun país a outro, pero a estrutura básica é sempre a mesma. Por exemplo, o sistema de divisións en Italia é así:


1 División I (Primeira)
4 Divisións II (II.1, II.2, II.3, II.4)
16 Divisións III (III.1, III.2, etc ata III.16)
64 Divisións IV (IV.1, IV.2, etc ata IV.64)
256 Divisións V (V.1, V.2, etc ata V.256)
1024 Divisións VI (VI.1, VI.2, etc. ata VI.1024)
1024 Divisións VII (VII.1, VII.2, etc. ata VII.1024
2048 Divisións VIII (VIII.1, VIII.2, etc. ata VIII.2048)
2048 Divisións IX (IX.1, IX.2, etc. ata IX.2048)
4096 Divisións X (X.1, X.2, etc. ata X.4096)
4096 Divisións XI (XI.1, XI.2, etc. ata XI.4096)

Se te fixas a partir da división VI, o número de grupos duplícase cada dúas divisións.

Ascensos, descensos e promocións

Se gañas na túa Liga ascenderás directamente a unha división superior ou xogarás a promoción. Os gañadores das Ligas da división II ata a división VI que teñan máis puntos ascenderán directamente, mentres que o resto promocionarán. Nas divisións máis baixas tódolos gañadores ascenden directamente. Nas divisións impares (VII, IX, etc) tamén os segundos ascenden directamente.

Os gañadores das Ligas que teñan que xogar a promoción veranse as caras cos 5º e 6º clasificados das divisións superiores. Sen contar aos equipos que ascenden directamente, sen promoción, o equipo campión coa mellor clasificación global enfróntase ao peor 6º clasificado, e o peor deses mesmos campións enfróntase ao mellor 5º clasificado. O equipo de superior categoría xoga na casa. Se gaña o encontro o que tenta ascender, os dous equipos intercambian os seus lugares na Liga. Se gaña o que loita por salvarse do descenso permanecen nas súas respectivas Ligas.

Se rematas nos postos 7º ou 8º, serás descendido á división inmediatamente inferior (agás se xa estás na última división). De 6ª división para arriba, o equipo coa mellor puntuación global de entre todos os descendidos (o mellor equipo daqueles que rematen en sétima posición) cambiará o seu posto co equipo que ascenda coa mellor clasificación global. O descendido coa peor clasificación, intercámbiase co peor clasificado dos que ascenden. Se descendes desde 6ª división (ou dunha división inferior) o equipo coa mellor puntuación global de entre todos os descendidos cambiará o seu posto co equipo con peor clasificación global dos que ascendan.

Nas divisións VII e IX, os equipos que rematen na 3ª e 4ª praza xogarán promoción, e así tamén nas divisións VIII e X, os segundos xogarán promoción.

Cambiar liga no periodo de cambio

Se o teu equipo compite nunha das tres últimas divisións da túa liga, é posible cambiar dunha a outra liga sempre que sexa na mesma división. Para que isto funcione, debe haber un oco libre na liga á que te queiras unir, algo que amosaremos na táboa da clasificación durante o periodo de cambio na pretempada. Se tes un equipo adicional como parte do teu Supporter, non poderás movelo á mesma división que o teu otro equipo.

Descenso e promoción de bots

Ao final de cada tempada, todos os equipos bot que haxa da división VI para abaixo descenderán á última división posible. A única excepción a isto encóntrase no cume da división VI, onde calquera equipo bot que quede campión do seu grupo poderá ascender ou xogar un partido de promoción, como de costume. Aos equipos bot da división V para arriba trátaselles da mesma forma que se trata os equipos dirixidos por mánagers humanos en canto aos ascensos e descensos se refire.

Ao tempo que estes bots descenden, outros equipos adicionais ascenderán de divisións inferiores, ocupando os seus lugares. Estes equipos serán seleccionados de entre un grupo de “Perdedores Molóns”, que veñen a ser os equipos que perderon os encontros de promoción, ou ás veces equipos que descenderon directamente. Podes rexeitar esta promoción na configuración do equipo.

Se hai máis bots que managers nas divisións non inferiores, o sistema pecha automaticamente a división inferior e, polo tanto, fai os preparativos necesarios.

Posto na Liga e Clasificación Global

A posición na Liga vén determinada por (en orde de importancia): puntos na Liga, mellor diferenza de goles e maior número de goles anotados. A posición na Liga determina a túa posición na clasificación global, usada para saber con quen te enfrontas no caso de encontros de promoción ou de Copa. A clasificación global está baseada en (por orde de importancia): nivel da túa liga, posto no teu grupo, puntos na liga, mellor diferenza de goles e maior número de goles anotados. Tanto na clasificación global como na posición na Liga, se todos eses datos son iguais unha moeda ao aire decidirá.

Premios

Se rematas en primeira, segunda, terceira ou cuarta posición terás como recompensa un premio en metálico. A cantidade dependerá da posición que ocupes e en que división te atopas:


Niveis de división 1 2 3 4
División I 2 000 000 US$ 1 175 000 US$ 825 000 US$ 500 000 US$
División II 1 350 000 US$ 1 050 000 US$ 750 000 US$ 450 000 US$
División III 1 200 000 US$ 925 000 US$ 675 000 US$ 400 000 US$
División IV 900 000 US$ 700 000 US$ 500 000 US$ 300 000 US$
División V 600 000 US$ 475 000 US$ 325 000 US$ 200 000 US$
División VI 525 000 US$ 400 000 US$ 300 000 US$ 175 000 US$
Outras divisións 450 000 US$ 350 000 US$ 250 000 US$ 150 000 US$

Existe tamén un premio de 10 000 US$ para o máximo goleador do grupo. O premio págase despois do último encontro da tempada. Se dous xogadores empatan por este premio, ámbolos dous donos actuais dos xogadores recibirán os cartos; non obstante, se dous dos teus xogadores empatan, entón só recibirás un premio.

Premio polo ascenso

Se ascendes a unha división superior obterás unha prima polo ascenso a maiores do premio económico. Ademais, o ascenso tamén fará crecer o teu número de socios. Obterás un 10% máis de socios (ao igual que no caso de descender perderás o 10% dos teus socios). Se ascendes "pola cara bonita"—por exemplo, no caso de limpa de bots, ou por plazas extras temporais na Hattrick International—só obterás o incremento do número de socios.


Niveis de división Ascendido directamente Ascendidos despois da promoción
División I - -
División II 500 000 US$ 175 000 US$
División III 450 000 US$ 150 000 US$
División IV 400 000 US$ 125 000 US$
División V 300 000 US$ 100 000 US$
División VI 200 000 US$ 75 000 US$
Outras divisións 175 000 US$ 50 000 US$
 
Server 070