Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Comunidade »   Novas »   Arquivo 

Editorial: Cambios na creación de equipos—e nova Liga de Canteiráns

Este mes estivemos a cambiar o xeito no que creamos novos equipos no Hattrick. Imos deixar de reutilizar equipos, o que fará máis doado as cousas para os novos equipos e cambiará algo a botificación. E ademáis dun feixe de outras pequenas melloras aquí e acolá, queremos salientar a nosa nova liga só para canteiráns que abrirá a próxima tempada!


Imos por partes, como San Martiño. A nova Liga de Canteiráns é unha nova liga só para equipos adicionais que abrirá a comezos da próxima tempada. Está inspirada na Homegrown Competition feita pola comunidade na Liga Aniversario durante os dous últimos anos.

A Liga de Canteiráns vai ser unha liga continua na que non se poderán facer fichaxes. Noutras palabras, o único xeito de competir é adestrando os teus canteiráns e amosando no campo as túas habilidades como mánager. Desta os traders van papar os mocos.

A Liga de Canteiráns funcionará como un equipo adicional, levando un oco do Platinum, ou precisando dun oco para equipo adicional. Por petición popular, a partir deste lanzamento imos facer posible pedir un cuarto equipo adicional. Darémosvos máis información sobre esta liga cando vaia chegando o final desta tempada.

E pasamos a parte principal do lanzamento do mes, o cambio do xeito no que asignamos novos equipos no Hattrick. Cando comezou o Hattrick, tomamos a decisión de reutilizar os equipos cando alguén deixaba o xogo e outro mánager tomaba o seu lugar. Isto tiña sentido no corto prazo, xa que nos permitía facer unha pequena limpa de datos cando un mánager deixaba o xogo. Pero esta decisión tiña moitas contras, e é algo do que nos levamos arrepentindo dende entón.

A partir desta semana, imos cambiar o xeito de asignar equipos, asegurando que cada novo equipo teña unha nova identidad. Imos ir ós poucos, comezando pola liga Sueca antes de lanzar o sistema para todos os equipos—o cal sucederá despois da próxima pretemporada. Para os novos usuarios, isto vai significar máis rapidez, xa que poderán comezar a xogar casi ó momento de pedilo, e non herdarán un equipo xa utilizado.

Como parte desde proxecto, imos cambiar como os GM's inspeccionan os novos equipos. En vez de ter unha lista de espera de equipos a seren revisados antes de asignalos, os novos usuarios recibirán un novo equipo no instante para comezar a xogar. Aínda así, quedarán algunhas restriccións durante os primeiros días de xogo—non poderán poxar por xogadores ou postear nas conferencias. Si que poderán xa facer as súas aliñacións, contratar empregados e moitas outras cousas.

A maioría dos mánagers non se van decatar deste cambio de primeiras. Pero durante a tempada si que verán cambios na botificación, xa que en troques de reemprazar os equipos sen dono por bots, o sistema os etiquetará como «en administración». Estes equipos manterán os seus xogadores, pero rendirán moito menos que o habitual. Esta baixada de rendemento si funcionará como decotío—só desde a 8ª xornada e só cos equipos que queden sen dono antes de chegar a metade da tempada.

Unha das maiores novidades é que durante este período de tempo os donos orixinais poderán volver e reclamar os seus equipos.

Ó fin da tempada, na 16ª semana, os equipos «en administración» deixarán a liga e serán reemprazados ben por un bot, ben por un novo equipo xestionado por un mánager real.

Cando un mánager entre nunha liga, o fará cun equipo sen historia previa, xa sexa reemprazando a un bot—o máis probable— ou a un equipo «en administración».

Outra das consecuencias deste cambio é que as táboas clasificatorias terán máis sentido que antes, xa que non haberá equipos cambiando de nome á metade da tempada, e os novos equipos non terán que estar pendentes de encontros que o antigo equipo botou fai unhas semanas. No futuro, a historia do club pertencerá somente ó mánager que o creou, e non será compartida por un feixe de mánagers sen relación entre si.

A finais deste ano faremos o desenvolvemento para permitir que os antigos usuarios que volvan ó xogo podan reclamar o seu antigo equipo—algo que moitos usuarios veñen reclamando ó longo dos anos.

Ademais dos cambos na creación dos equipos, temos algunhas novidades mais:

- Engadimos a posibilidade de comprobar a disponibilidade de ocos para equipos adicionales nunha liga determinada sen ter primeiro que pechar ningún equipo.

- Ó comezar cun novo equipo adicional, poderás escoller o teu «estilo de xogo preferido» e recibirás outras pequenas melloras que agora so aplicábanse ós equipos principais.

- Na páxina de Historia do Equipo engadimos una táboa similar a do Foxtrick.

- Engadimos filtros específicos para o Hattrick Arena no O'Laboratorio.

- Melloramos a táboa dos mánagers con máis logros e dos mellores recrutadores na páxina de cada liga.

- Imos amosar a túa mellor clasificación histórica en cada escada.

- Salientamos as habilidades reveladas nos Xuvenís cando lle das o botonciño de «revelar todo»

Esperemos que vos guste!

 
Server 071