Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

3-18-2021 Editorial: Folla de ruta 2021, parte 1: Parola, móbil e logros

Co lanzamento do novo formato de Mundial, agora é hora de falar dos seguintes cambios. Un será relativo á economía, do que falaremos no segundo editorial. Outros serán os logros, un mellor sistema de parolas e unha actualización da APP móbil.
En xaneiro preparamos o novo formato de Mundial, que estamos a estrear agora mesmo coa primeira Copa Intercontinental sub20, mentres que o estreo na absoluta queda para a próxima tempada.

Aínda que queda marxe para mellorar este sistema, tamén quixemos avanzar noutros aspectos, polo que lanzamos a dobre eliminatoria para torneos e un novo Simulador de Aliñación para os Supporter.

Actualmente estamos a traballar en tres proxectos que esperamos presentarvos nos próximos meses. Un deles será a nova parola mellorada, con filtros para evitar os lugares con máis spam, posibilidade de ir de unha sala a outra en ventás separadas, etc

A segunda estará enfocada na versión móbil, buscando incrementar a interacción entre usuarios. Isto acadarase con varias funcionalidades baseadas na localización que permitirán parolar ou retar nun encontro con xente da túa zona. Por suposto, esta función será totalmente opcional, e no caso de querer activala só usara unha ubicación aproximada que expirará cada 24 horas. Inicialmente sería a modo experimental, pero cremos que podería mellorar moito a experiencia social do xogo.

Por último lugar, o noso maior proxecto actual: un novo sistema de logros. Terá unha interface máis clara e sinxela, pero manteremos os logros actuais dos usuarios e os seus correspondentes puntos. A principal función dos novos logros será facer máis interesante a experiencia do xogador medio, dándolle uns pequenos retos que completar mentres dura a súa carreira ata o cumio de Hattrick.

Finalmente, no aspecto económico temos tamén traballo por facer. Cremos que o sistema actual segue a premiar os equipos máis experimentados mentres que perxudica aos emerxentes. Explicaremos este tema na próxima editorial que publicaremos mañá.

Grazas polo voso tempo!
 
Server 070