Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Editoriais

O ano que temos por diante


2022-01-12 12:49:00

Unha vez recuperado todo o mundo da festa de Aninovo, queremos aproveitar esta oportunidade para agradecer a tódolos usuarios de Hattrick polo 2021 que tivemos e ver que nos deparará o 2022.



Este último ano foi bo para Hattrick. De feito, levamos uns cantos anos na que a base de usuarios é bastante estable, tanto no que se refire a mánagers activos como Supporters. Un dato moi importante para nós e unha das razóns pola que puidemos iniciar un proceso de contratación en outubro para tres postos de traballo. Este proceso aínda sigue en pé, dado que malia ó noso interese, a pandemia está facendo que todo vaia moito máis lento do normal. Pero unha vez que as contratacións se leven a cabo, estamos seguros de que lle daremos moita vida ó noso persoal!

Dicirvos tamén que 2021 foi un ano bastante produtivo no que se refire a novidades para o xogo. O novo sistema para os Mundiais púxose en marcha, ademais doutras melloras nas eleccións, o scouting e sorteos en directos para as competicións internacionais. Presentamos tamén un novo sistema de Logros, engadindo unha morea máis á lista que xa existente. Polo que respecta á comunidade, lanzamos o Faladoiro para poder chatear con máis facilidade, así como os Círculos Locais, proporcionando un contacto máis directo entre os usuarios de Hattrick. E por suposto, dende hai varias semanas, os Círculos Locais tamén están dispoñibles na web.

Por outra banda, os Supporters recibiron os desexados kits de deseño para os uniformes e os estadios e agora tódolos usuarios poden unirse a federacións de seleccións nacionais. A Liga Apache supuxo unha nova forma de concibir Hattrick, tendo esta unha data de caducidade. As Misións e o novo sistema de Patrocinadores tamén axudaron a darlle un empurrón á xogabilidade e ambas comparten similitudes; aínda que a principal diferenza é que as Misións son retos que se asignan aos mánagers dependendo da súa situación, mentres que o sistema de Patrocinadores fai moito máis dinámica a obtención de ingresos extra. As dúas categorías seguirán o seu desenrolo no 2022 para aumentar a súa diversidade e interés.

Cando poñemos a vista no 2022, faise complicado non falar de que xa estamos pensando algo para agosto, coincidindo co noso 25 aniversario. Aparte de diferentes actividades para comunidade, planeamos facer algo especial de cara a unha mellor visibilidade da historia de Hattrick ó longo do tempo. O traballo nos kits de deseño de estadios e uniformes non cesará, polo que seguramente veredes novidades.

E por último, outro dos nosos obxectivos do 2022 e facer fincapé na experiencia de participar nunha liga. Esta é, sen lugar a dúbidas, unha parte fundamental de Hatrick que pode estar un pouco infravalorada pola nosa parte. Polo tanto, queremos, dalgún xeito, facer algúns retoques para engadirlle máis facilidades e diversión.

De novo, grazas por seguir aí aos mandos dos vosos equipos. Agora toca xogar! E traballar un pouco para seguir mellorando, se cadra.


HT-Johan
Lista de todos os editoriais

Reaccións da comunidade

Ninguén emitiu aínda un comunicado de prensa sobre isto.

 
 
Server 081