Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Regras da casa

Gamemasters

En Hattrick hai un número de Gamemasters ou GM. Son un pequeno grupo de xogadores experimentados e responsábeis, que foron escollidos para controlar que o xogo se desenvolve correctamente, evitar as trampas e axudar aos usuarios que teñan problemas cos seus equipos. Os Gamemasters ofrécense de maneira voluntaria e realizan o seu traballo por diversión, xa que non cobran nada pola tarefa.

Algunhas veces os Gamemasters terán que actuar, botando a xente que fixo trampas ou que violou as regras de conduta do sitio, ou que atentou contra outros usuarios de Hattrick. Se isto te afecta e ti cres que o castigo é inxusto podes explicar por que ti cres que es inocente. Pero, e isto é importante, en Hattrick aplícanse as mesmas regras que nunha competición de fútbol.

Podes preguntar por que os teus dereitos foron suspendidos, pero non é unha obriga dos GameMaster amosarche tódalas probas. Se sempre revelaran como é que conseguen atrapar aos trampóns, descubrilos nun futuro podería ser cada vez máis difícil. Os GameMaster non están obrigados a probar ante ti unha posible trampa. De tódolos xeitos, é unha obrigación súa suspender aos usuarios unha vez que teñan a convicción de que fixeron trampas.

Os Gamemasters teñen a autoridade para impor diferentes formas de castigo: suspensión do acceso ás conferencias, multas para o club ou a completa expulsión do xogo.

As decisións dos Gamemasters pódense apelar aos Gamemasters veteráns, cuxas decisións xa non teñen apelación posíbel. Por favor, ten en conta que as sancións que están apeladas pódense ver incrementadas ou diminuídas unha vez se tome unha decisión final.

Dende o equipo Hattrick apoiamos ao noso equipo de colaboradores. Os GM tratan regularmente connosco as cuestións sobre como previr as trampas, pero nunca nos pronunciamos en casos concretos. As persoas nomeadas como colaboradores do HT son xente na que temos total confianza.

Para poñerte en contacto cun Gamemaster, por favor visita a nosa páxina de contacto. Por favor, non utilices o seu correo persoal de HT para cuestións relacionadas con asuntos oficiais do xogo. O seu correo é para eles como mánagers dos seus equipos, non para o seu papel como membros do equipo de colaboradores. Ademais, toda a correspondencia entre os colaboradores de HT e os usuarios considérase privada e debe ser tratada como tal entre ti e eles como os nosos colaboradores.

 
Server 071