Idioma:
15º Aniversario
Hurra! Tal día como hoxe hai 15 anos, o 30 de agosto de 1997, tivo lugar o saque inicial do primeiro partido de Hattrick. Dende entón, xogáronse centos de millóns de partidos en Hattrick e, usuarios de todo o mundo, estiveron durante miles de millóns de horas pensando na formulación dos seus partidos, a caza do mellor xogador no mercado ou simplemente socializando con outros usuarios. Cando empezamos, nunca puidemos imaxinar en que Hattrick se convertería no que é hoxe en día. Pero algunhas ideas cobran vida propia.
Foi unha viaxe incrible amigos. Ás veces o camiño foi pedregoso, pero sobre todo foi moi divertido. Non teriamos podido desexar unha compañía mellor que a da magnífica comunidade de Hattrick. Esperamos pasar as próximas décadas xuntos. Como din, 15 anos non son nada hoxe en día.
A túa aventura como mánager empeza cando ti o decidas!
Hattrick é o primeiro xogo de fútbol en liña, e ademais é de balde! Nel podes crear o teu propio club, construír o equipo dos teus soños e competir contra centos de miles de xente real de todo o mundo.