Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Hattrick - O xogo gratuíto de mánagers de fútbol

A túa aventura como mánager empeza cando ti o decidas!

Hattrick é o primeiro xogo de fútbol en liña, e ademais é de balde! Nel podes crear o teu propio club, construír o equipo dos teus soños e competir contra centos de miles de xente real de todo o mundo.

Consegue o teu propio equipo, estamos sempre na busca de novos talentos!

Xogo de estratexia

Hattrick é un xogo de fútbol de estratexia: búrlate dos teus opoñentes no campo hoxe, ou constrúe unha estratexia para vencer máis a longo prazo. Hattrick é un verdadeiro mundo paralelo cunha gran multitude de usuarios e que leva en internet dende 1997!

Sinxelo de xogar

É sinxelo comezar en Hattrick, non tes que descargar ningún programa e non precisas estar constantemente conectado ao xogo para ter éxito.

É un xogo social

A comunidade é unha parte moi importante de Hattrick. Pásate polas nosas animadas conferencias e fai amigos de todo o mundo.
 
Server 070